Somos máis

Somos máis
Somos máis!

sábado, 14 de marzo de 2015

RÚBRICA 2ª AVALIACIÓN

DESCRICIÓN
Non o fixo ao xeito
Fíxoo parcialmente
Fíxoo bastante ben
Fíxoo moi ben
COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA
REDACCIÓN DA ENQUISA ANÁLISE DE CONTIDO DA LECTURA
Redactou a enquisa seguindo as pautas
Non a redactou ou non seguiu a meirande parte das pautas.
Redactouna pero presenta máis de 3 discordancias coas pautas.
Redactouna e presenta ata dúas discordancias coas pautas.
Redactouna e cinguiuse ás pautas dadas.
A redacción coida a ortografía
Presenta máis de 10 faltas de ortografía.
Presenta ata 10 faltas de ortografía.
Presenta ata 5 faltas de ortografía.
Presenta ata 3 faltas de ortografía.
A redacción é propia
Limítase a copiar o contido doutras fontes
Copia o contido doutras fontes e achega algunha idea propia
Baseándose noutras fontes, tenta crear un contido propio.
Crea un contido propio e orixinal, no que se percibe a súa personalidade.
O texto está ben cohesionado
Non está cohesionado e presenta múltiples erros de puntuación.
Non emprega conectores mais non está mal puntuado.
Tenta empregar conectores e comete ata 5 erros.
Case non se perciben erros de puntuación nin de cohesión.
Amosou disposición para comunicarse en galego
Non emprega o galego na aula
Emprega o galego despois de múltiples chamadas de atención
Tenta empregar o galego sempre que intervén na clase
Emprega o galego axeitadamente.
COMPETENCIA MATEMÁTICA
DOCUMENTO DE REPARTO DO TRABALLO ANÁLISE DE CONTIDO DA LECTURA
Decidiu o método, soporte e canle axeitada de comunicación segundo a situación, intención e destinatarios
Non participou nesta decisión
Aceptou as decisión dos demais sen achegar opinións propias
Propuxo o seu método
Propuxo un método e negociou para chegar ao máis axeitado
As respostas achegan a información pertinente e xerarquizan a secundaria
Falta moita información.
Non se discrimina a información principal da secundaria.
As respostas son pertinentes.
As respostas son pertientes e achegan un estigo propio.
TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
PRESENTACIÓN DO BLOG PRESENTACIÓN DO TRABALLO
Elementos do blog
O blog non recolle os elementos obrigatorios
O blog recolle os elementos obrigatorios pero non é doado chegar á información (falta de etiquetas) e non está actualizado habitualmente
O blog recolle todos os elementos obrigatorios a información se amosa claramente
O blog recolle todos os element os obrigator ios e responde a criterios de claridade e de cualidad e estética, ademais de ser actualiza do habitual mente

En xeral, a presentación é boa e a información chega claramente.
A presentación é descoidada.
A presentación é desordeada e resulta difícil chegar á información.
A presentación é coidada.
A presenta ción é coidada e orixinal.
COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
CUALIFICACIÓN INDIVIDUAL REPARTO DE TRABALLO E DIARIO DE SESIÓNS
Realiza responsablemente as funcións e tareas que lle corresponden
Non cumpriu a súa parte do traballo
Cumpriu coas súas tarefas, pero había que estar pendente
Fixo todo o que lle correspondía de xeito eficiente
Non só fixo as súas tarefas,senón que axudou aos demais

No hay comentarios:

Publicar un comentario