Somos máis

Somos máis
Somos máis!

miércoles, 14 de octubre de 2015

Primeiras catro entradas do noso blog

Deseño do blog:
-          Título/nome do Equipo (relacionado coa cidadanía).
-          Gadgets (etiquetas, enlace blog de aula).

3 entradas (coa etiqueta “Caderno de Equipo”):

1)       Nome do equipo e compoñentes
-          Nome (xustificamos a nosa elección).
-          Compoñentes (nomes e inicias dos apelidos).

2)       Normas, cargos (coordinación, axuda, historia e motivación) e funcións de cada cargo
-          Normas de aula: atendemos as indicacións da profesora, respectamos a sinal pactada para gardar silencio e os momentos de traballo en silencio, comezamos a traballar unha vez que todos os membros do equipo teñen unha tarefa asignada e resolvemos os conflitos a través do diálogo.
-          Normas de equipo: (a pactar polos membros do equipo, poden engadirse normas novas)
Normas de equipo
Data de incorporación











-          Cargos de funcións:
nome
cargo
funcións
Nome A.L.
coordinación
Coordina as sesión de traballo. Aparte de realizar os seus cometidos, encárgase de que todos os membros do equipo teñan unha tarefa asignada antes de comezar a traballar.


axuda
Aparte de realizar os seus cometidos, axuda cando é necesario noutras tarefas (especialmente ao historiador/a e ao motivador/a).

historiador/a
Aparte de realizar os seus cometidos, observa como e quen fai cada tarefa. Os últimos dez minutos de cada sesión  escribe un resumo  obxectivo no diario de sesións. O diario ten que recoller o reparto de tarefas (tamén se hai tarefas pendentes para a seguinte sesión e quen as realiza).

motivación
Aparte de realizar os seus cometidos, observa que todos os membros do equipo falen asertivamente entre eles (empatía, escoita activa,...) , no caso de detectar pasividade ou agresividade ten que intervir favorecendo e propoñendo alternativas positivas.

3)       Plan de equipo para esta avaliación (que mellorar? como?)

1 entrada (coa etiqueta “Diario de sesións trimestre 1”): Diario sesión 1 (Que fixemos hoxe? Quen e como o fixo? Queda algo pendente para a seguinte sesión? Quen acabara a tarefa? Por que?)

No hay comentarios:

Publicar un comentario